Hoxe é Sábado 21 de Xuño de 2025

Joaquín Lema e a ostra de Arcade protagonistas da campaña “Parte de ti” de Galicia Suroeste

Silvia Cernadas e Joaquín Lema

Trátase dunha campaña de apoio ao rural baseada nas historias das persoas que cos seus traballos, produtos e servizos, transforman o rural. No acto de presentación –que se celebrou en Soutomaior- estiveron presentes os representantes dos concellos que forman parte do Xeodestino Galicia Suroeste e as persoas protagonistas da campaña neste 2025.

“Parte de ti” celebra o seu sexto ano e continúa dando a coñecer as historias que hai detrás dos produtos e servizos da contorna. Trátase dunha campaña enfocada a sensibilizar, concienciar e informar, baseándose nas historias das persoas que están detrás dos produtos e servizos do rural. Nesta ocasión a historia protagonistas foi a de Joaquín Lema, veciño de Soutomaior.

A concelleira de turismo da localidade, Silvia Cernadas así como oa alcalde, Manu Lourenzo salientaron a importancia de poñer en valor tanto ás persoas como os produtos locais e amosaron a sua satisfaccción por acoller aos representantes dos 14 concellos que conforman o Xeodestino, resaltando que “é un verdadeiro orgullo para o noso concello que a“Ostra de Arcade” e a historia do noso veciño Joaquín Lema sexan as protagonista para o lanzamento de Parte de ti 2025”.

O representante institucional do Xeodestino e alcade de Pazos de Borbén, Luciano Otero ensalzou a figura do Xeodestino como unha nova forma de facer as cousas, desde a unidade, a promoción conxunta e o compañeirismo, “traballando e crendo que a clave do éxito do Xeodestino está en que xuntas e xuntos somos máis fortes”.

Finalmente proxectouse a historia de Joaquín Lema e a Ostra de Arcade, quen na súa intervención non puido conter a emoción por ter sido escollido como protagonista e referente na gastronomía local.

Tamén acompañaron o acto as e os protagonistas desta sexta edición, proxectos e historias que non deixarán de sorprender e que se irán desvelando nos vindeiros meses.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Radio stream metadata in not available.
Radio Redondela
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: