Fotos: Fon Decón
A concentración, que se desenvolvía ás 10:45 horas da mañá de hoxe, tivo lugar no peirao de Cesantes. Os manifestantes, entres os que se atopaban Matías de la Torre e Montse Fajardo, da Iniciativa Galega pola Memoria así como representantes de PSOE e BNG, congregou unhas 200 persoas que amosaron así o sue rexeitamento “pola celebración na Illa durante todo o día dunha festa pirata para bailar bachata” segundo se recollía na convocatoria.
A Iniciativa Galega pola Memoria convocaba esta protesta logo da polémica xurdida en torno á actividade enmarcada dentro da programación de “+Q Bachata”. Malia que os organizadores insistían en que se trataba dun congreso e non dunha “festa de bachata” como se dixo nun primerio momento, os convocantes mantiveron a mobilización por entender que un espazo como a Illa, que ostenta o dramático título de terse convertido entre 1936 e 1943 no maior campo de concentración do país polo que pasaron cerca de seis milleiros de persoas, non debe albergar este tipo de actividades que banalizan o que alí aconteceu e que consideran “unha ofensa para centos de familias vítimas da ditadura militar e a represión”.

