Hoxe é Xoves 26 de Xuño de 2025

Redondela inicia os traballos de limpeza nas praias de Chapela e Cesantes

limpeza praias2

A empresa contratada para realizar esta limpeza comezou onte na praia de Arealonga coa retirada das algas e o lixo acumulado no areal de Chapela. Uns traballos que na praia da punta en Cesantes arrancaron con persoal municipal. A partir do 15 de xuño e durante tres meses as praias da Punta, Arealonga e Penedos contarán cun servizo de limpeza diaria así como co servizo de socorristas para garantir a seguridade dos bañistas.

A limpeza dos areais máis concorridos do concello –a Punta en Cesantes e Arealonga e Penedos en Chapela- será diaria mentres que nas praias de Soutoxuste e Rande os días de limpeza serán tres días á semana e na praia de Cabanas en Trasmañó os operarios acudirán dous días cada semana.

O concelleiro de Medio Ambiente, Alberto Álvarez, explica que as labores de limpeza realizaranse tendo en conta a conservación do medio natural, “sen afectar ao equilibrio ecolóxico das praias e respectando sempre a fauna e flora da contorna”. No caso das algas mariñas, argazos e restos vexetais, a retirada será “de xeito manual e de acordo coa normativa vixente, xa que son compoñentes naturais do ecosistema mariño”.

O servizo de socorrismo e salvamento comezará o 15 de xuño nas praias de Arealonga e Cesantes. Os socorristas estarán nos areais os tres meses de verán, ata o 15 de setembro, todos os días, incluídos festivos, en horario continuado, de 12:00 a 20:00 horas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Radio stream metadata in not available.
Radio Redondela
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: