O escritor da Guarda presenta este venres 6 ás 20:30 horas na sede da Sociedade Labrego Cultural de Reboreda dous libros que veñen de ser reeditados: o conxunto de relatos reunidos no título “Ratas en Manhattan” e o libro de poesía “Máis aló de Fisterre”. O director da Peneira, Tino Lago fará de mestre de cerimoniaos nesta presentación literaria.
“A cara B do soño americano”, así define Francisco Álvarez o seu libro “Ratas en Manhattan no qu fala da vida cotiá dos emigrantes en Nova York. Unha experiencia que coñece de primeira man xa que foi un máis deses emigrantes durante 30 anos, décadas nas que entrou en contacto tamén con escritores e poetas doutros países latinoamericano que o levaron a probar sorte na poesía. “Máis aló de Fisterra” é un libro de poesía social que lle serve a Koki para reievindicar e denunciar as inxustizas porque “a palabra é unha arma moi potente”
Libros nos que afonda na súa experiencia como emigrante e n o que hai detrás do tan manido soño americano “feito sobre a vida dos emigrantes, persoas que traballan xornadas interminables por un salario mísero e que carecen de voz”. Un libro ambiguo que fala “da rata animal e da rata humana” e no que se recollen relatos baseados en feitos reais ou incluso información aparecidas na prensa.
