Hoxe é Xoves 26 de Xuño de 2025

Artesanía e cultura local na I Festa de primavera de Pazos de Borbén

festa da primavera pazos

O evento terá lugar os días 7 e 8 de xuño na Praza do Concello, con exhibicións, música e produtos locais nun ambiente familiar que se desenvolverá dende as 10:00 ata as 20:00 horas

Durante a feira, as persoas visitantes poderán descubrir pezas únicas elaboradas a man e asistir a demostracións en vivo de cestería e encaixe de bolillos. Ademais, haberá postos con xoias, artigos de coiro, exposicións de maquinaria agrícola, degustación de algas e outros produtos do mar, actuacións musicais ao longo da xornada e esculturas feitas en directo.

O evento tamén contará cun servizo de bar, con polbo e churrasco a prezos populares, facendo da feira un plan perfecto para gozar en familia ou con amizades durante toda a fin de semana.

Esta iniciativa do Concello de Pazos de Borbén busca poñer en valor o traballo artesanal, dinamizar o comercio local e crear un espazo de encontro para o desfrute da veciñanza e das persoas visitantes.

A I Feira da Primavera conta coa colaboración de empresas locais como A Torta de Chapela, Pereira Productos del Mar, Algamar e M.A. Carpintería.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Radio stream metadata in not available.
Radio Redondela
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: