Hoxe é Venres 27 de Xuño de 2025

O CN Redondela afianza o seu nivel competitivo na cita ferrolá da natación galega

494209115_1512893033393854_4994668770930410689_n

O Club de Natación de Redondela brillou no Trofeo Marcos García Cidade de Ferrol celebrado o pasado sábado no complexo deportivo Javier Gómez Noya de Ferrol . Esta é unha cita destacada no calendario da Federación Galega de Natación que reuniu a preto de 360 nadadores de 16 clubs de toda Galicia.

Entre os resultados máis salientables, o Club de Natación de Redondela tivo unha actuación estelar. Paulo Gunche brillou ao conseguir a medalla de ouro nos 50 libres absoluto, establecendo un novo récord do club cun tempo de 24”11, e a medalla de prata nos 100 costas absoluto. Pola súa banda, Mateo Paz logrou dúas pratas nos 50 e 100 costas alevín, mentres que Miguel Rey acadou a prata nos 100 libres infantil, obtendo a mínima para o Campionato de España, e o bronce nos 50 libres infantil. Ademais, Kevin Pazos e Lucas Varela aseguraron mínimas clasificatorias para o Campionato Galego Alevín de Verán. O equipo de Redondela destacou tamén polos seus postos altos na clasificación xeral e por quedar moi preto das mínimas para o Campionato de España de Verán en varias ocasións.

O Club de Natación de Redondela agradeceu publicamente ao CN Ferrol pola invitación e a impecable organización do evento, que se consolidou como unha das citas máis importantes da natación galega.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Radio stream metadata in not available.
Radio Redondela
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: