Hoxe é Luns 23 de Xuño de 2025

Chega a Redondela a exposición “Castelao grafista”

castelao

A mostra está enmarcada dentro das actividades que se realizan en torno ao político, artista e intelectual neste 2025 declarado “Ano Castelao” coincidindo co 75 aniversario do seu pasamento. Un proxecto que reúne facsímiles da Colección de Arte Afundación, debuxos do álbum Cousas da vida de Castelao, retratos fotográficos, caricaturas e portadas de revistas. Unha exposición que se inaugura este xoves e que permanecerá no Multiúsos da Xunqueira ata o 29 de xuño.

A exposición, chega a Redondela en colaboración co Concello e conta con pezas procedentes das colecciones de arte de ABANCA e Afundación. Componse dunha selección de obras nas que se reflicte a evolución tanto do compromiso ético, social e político do artista como dos seus recursos plásticos e a súa querencia pola ilustración.

Estes dous intereses confluiron nas colaboracións que, a partir de 1924, comezou a publicar en medios como Galicia, Faro de Vigo ou Vida Gallega, nas que ilustración e texto reflicten as críticas dun Castelao cada vez máis comprometido. Esta forma de arte e denuncia acabaría articulando obras tan relevantes como Cousas da vida (1930) e os álbumes de guerra Galicia mártir (1937), Atila en Galicia (1937) e Milicianos (1938).

A mostra reúne 19 facsímiles da Colección de Arte Afundación e 89 dibujos do álbum Cousas da vida de Castelao, tamén obras procedentes doutras institucions, galerías e particulares. Asemade inclúe 3 retratos fotográficos, 4 caricaturas e 17 debuxos e portadas de revistas. Ademais, poderase ler o texto orixinal do álbum Nós e contemplar 2 manuscritos de Castelao, 18 portadas das primeiras edicións dos seus libros, 3 páxinas interiores, 14 portadas de libros ilustradas por Castelao e 3 dibuxos.

Organizada pola Fundación Gonzalo Torrente Ballester, a Real Academia Galega de Belas Artes e Turismo de Galicia – Xunta de Galicia, a exposición Castelao grafista (facsímil) busca dar a coñecer e difundir a obra e o pensamento de Castelao.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Radio stream metadata in not available.
Radio Redondela
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: