Hoxe é Xoves 19 de Xuño de 2025

Redondela marca un mínimo histórico en número de parados

emprego

Os últimos datos da Consellería de emprego referentes ao mes de maio cifran o número de parados en Redondela en 1.363 persoas, o que supón a cifra máis baixa da última década logo de que no último mes foran un total de 48 as persoas que asinaron un contrato de traballo. Un descenso que tamén se constata nos concellos veciños, con caídas no número de desempregados en Soutomaior, Pazos de Borbén e Fornelos de Montes.

Maio repite a mesma tendencia positiva que se ven constatando dende o inicio de ano en canto a ca´dia do paro. Arrancamos 2025 con 1.526 persoas nesta situación, dato que foi diminuíndo paulatinamente ata as 1.363 inscritas actualmente. Este novo descenso supón ademais encadear sete meses consecutivos de resultados positivos.

No caso de Soutomaior o comportamento non está a ser tan constante, pero tamén se reduciu o número de desempregados o pasado mes en 14 persoas, con 421 en situación nde busca de emprego. En pazos de Borbén o número de parados son 136, 16 menos que no mes anterior e en Fornelos atopamos 90 persoas en paro, 14 menos que en abril.

Un mercado laboral á alza que exhibe fortaleza no conxunto da comunidade, que sumou 7.372 emprego situando o número de cotizantes en 1.094.806.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Radio stream metadata in not available.
Radio Redondela
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: