Hoxe é Xoves 19 de Xuño de 2025

Emotiva homenaxe a Alexandre Bóveda no colexio de Chapela que leva o seu nome

cole bóveda

O colexio Alexandre Bóveda de Angorén en Chapela celebra ao longo desta semana un programa de actividades que busca por en valor ao político e intelectual galego asasinado no 36 cando se cumpre o 122 aniversario do seu nacemento. O artista local, Angel Barros participou desta homenaxe doando un retrato de Alexandre Bóveda, nun acto que controu coa presenza de Manuel Puga, neto de Ernestina Otero, muller que nomea a biblioteca do colexio, e da propia filla do homenaxeado, Amalia Bóveda.

As actividades que a dirección do centro organizan este semana como un xeito de “reavivar e relanzar a figura de Bóveda entre o alumnado, un firme defensor dos dereitos da muller e da igualdade” arrancaron na xornada de hoxe cun emotivo acto no que participou a filla de Alexandre Bóveda, Amalia así como a alcaldesa, Digna Rivas, en representación do Concello que colabora con estas actividades a través do Servizo de Normalización Lingüística. O acto central foi a inauguración dun retrato de Bóveda realizado por Angel Barros.

A directora do colexio, Noemí Moreira, explica que a colaboración de Angel Barros chega logo de que o pintor e restaurador coñecera o proxecto do colexio na súa teima por divulgar a figura de Bóveda “algo que lle touco de preto polo vivido na súa propia familia –represaliada durante o franquismo- e que o levou a ceder este cadro”.

A súa colaboración estenderase ao venres cando se inaugure unha exposición con algunhas das súas obras que permanecerán abertas ao público durante a tarde e contarán coas aclaracións do propio Barros a partir das 17:30 horas. A xornada pecharase cun serán a cargo do grupo de música folk Anaquiños, cunha homenaxe tamén ás padereteiras que este ano protagonizaron o Día Das Letras Galegas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Radio stream metadata in not available.
Radio Redondela
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: