Hoxe é Luns 23 de Xuño de 2025

Arranca o Millo Verde con bandas destacadas como Morgan Ji e La Perra Blanco

493707250_1514863356282271_2369198175931578058_n

O XVIII Festival Alternativo Millo Verde chega á área recreativa da praia de Cesantes os días 5, 6 e 7 de xuño cunha vibrante programación que combina concertos, gastronomía e actividades para todos os públicos, organizado pola Asociación Millo Verde. Tres días de música e actividades que reunirán a 17 bandas e artistas de orixes tan diversas como Estados Unidos, Hungría, Francia, Portugal, Países Baixos, xunto a talentos galegos e nacionais.  

A oferta musical do xoves, día de balde, pasa por Os do Campo (20:30), Mi BuenaVentura (22:00), Feral Booty (23:45). Esta iniciativa de entrada libre reflicte a filosofía da organización de promover unha cultura accesible para todos, ofrecendo un ambiente perfecto para quentar motores de cara á fin de semana.

“Os do Campo son unha banda lucense de folk que coñecen moi ben o festival e estreanse neste escenario”, Juan da organización do Millo Verde.

O venres 6 de xuño a festa comeza cedo coas actividades, como os contacontos de Claudia Prado de 17:00 a 18:00 horas; en canto aos concertos, a partir das 18:30 actuarán os gañadores do concurso de maquetas Sustanciados, seguidos de Helen Helen ás 20:00, Hugo Guezeta ás 21:30, Morgane Ji ás 23:15, De Stokers á 01:00 e Destrokanov pechará ás 02:30.

Lucía, membro da asociación e organización, destaca a Morgan Ji: “Unha muller”das máis potentes do momento que encadila a súa presenza e posta en escena”.

O día grande, o Sábado 7, as actuacións comezan con Peito Oscuro (13:30), Brigada Sound (15:00), Prieto Picado (18:00), Jason Kane & The Jive (19:45), Tangomango (21:30), La Perra Blanco (23:00), Duckshell (00:45) para rematar con Radix (02:30). Mentres que durante o día, está programado o espectáculo do Mago Noel de 12:30 a 13:30, a sesión de Eskalabrirras de 13:30 a 16:00 e un obradoiro de Artelixo de 16:00 a 17:00, mentres que a batucada Trópico de Grelos actuará en varios pases ás 17:00, 21:15, 22:45 e 00:30 horas para amenizar a xornada.

“Jason Kane & The Jive veñen desde Texas cun rock que arrasa con todo”, sinala Juan.
“La Perra Blanco é un cuarteto de rockabilly espectacular con presenza feminina forte e éxito a nivel europeo e internacional”, engade Juan.

Novidades para unha experiencia máis accesible e completa

O Festival Millo Verde regresa este 2025 cunha edición cargada de novidades que prometen mellorar a experiencia dos asistentes e facer o evento máis inclusivo e práctico. Entre as incorporacións máis destacadas atópanse as pulseiras cashless, un sistema innovador que permitirá realizar pagos rápidos e seguros para as consumicións, simplificando a xestión dentro do festival.

Outra gran novidade é a habilitación dunha zona de acampada na contorna da praia, xestionada pola Comisión de Festas da Virxe do Carme de Cesantes. Esta opción, cun custo de 5 euros por tenda e día, busca facilitar a participación dos asistentes e fortalecer os lazos co tecido asociativo local. As reservas para a acampada poden realizarse a través do correo electrónico camping@milloverde.org (mailto:camping@milloverde.org).

Nun paso cara á inclusión, o Millo Verde incorpora por primeira vez intérpretes de lingua de signos galega, grazas á colaboración coa asociación En Lingua de Signos (ELDS). Esta iniciativa, integrada nos últimos días, foi recibida con entusiasmo pola organización e permitirá que dúas actividades culturais do programa sexan accesibles para persoas xordas:

  • Venres, 6 de xuño | 17:00–18:00 h: Contacontos con Claudia Prado.
  • Sábado, 7 de xuño | 12:30–13:30 h: Espectáculo do Mago Noel.

Con estas novidades, o Festival Millo Verde reafírmase como un evento comprometido coa accesibilidade, a sustentabilidade e a colaboración coa comunidade local, ofrecendo unha experiencia única para todos os públicos.

Entradas e transporte

A entrada ao xoves e ás sesións vermú é de balde, pero para venres e sábado hai abonos a 28 euros (dous días) ou entradas diarias a 17 euros. Ademais, haberá buses lanzadeira gratuítos cada 30 minutos –de 17:00h a 05:00h– con paradas na Feira do Gando, San Pedro e a Praia de Cesantes, un servizo ideal para quen beba e prefira non conducir. A organización mantén o seu compromiso co medioambiente con batidas de limpeza para deixar a praia impecable.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Radio stream metadata in not available.
Radio Redondela
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: