Hoxe é Xoves 19 de Xuño de 2025

A Illa de San Simón como Lugar da Memoria Democrática, argumento da charla de Matías da Torre no Multiúsos

san simón

O auditorio da Xunqueira acolle este xoves, 5 de xuño, ás 19.30 horas a charla “Illa de San Simón. Lugar de Memoria Democrática”. Unha conferencia que correrá a cargo do portavoz da Iniciativa Galega pola Memoria, Matías da Torre, un dos promotores do informe presentado ante o Ministerio para a declaración da illa como Lugar de Memoria Democrática.

Unha charla na que se achegarán detalles sobre os contidos dese informe, as motivacións que levaron a Iniciativa Galega e presentalo e o que supón a declaración deste espazo como Lugar de Memoria Democrática, como poida ser a restricción dos seus usos ou a protección que suporá a súa inclusión nesta categoría, na que se recollen escenarios de crímenes de guerra ou violacións manifestas dos dereitos humanos levados a cabo pola represión franquista.​ Neste sentido, San Simón ten o tríste título de terse convertido entre 1936 e 1943 no maior campo de concentración do país, polo que pasaron cerca de seis milleiros de persoas

A actividade deste xoves está enmarcada dentro do ciclo organizado polo Concello co obxecto de dar a coñecer o legado histórico da illa de San Simón e a súa declaración como Lugar de Memoria Democrática. Neste programa desenvolvéronse diferentes charlas nos institutos a cargo de Montse Fajardo, especialista no tema.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Radio stream metadata in not available.
Radio Redondela
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: