Veciños e veciñas de Redondela sumáronse este domingo a unha cita solidaria convocada pola Asociación Contra o Cáncer que celebraba a súa VI edición cunha participación récord que sumou 800 participantes e 4.800 euros de recadación que se destinarán integramente aos diferentes proxectos da Asociación.
A marcha partía ás 10:30 horas da mañá do domingo dende a Alameda e facía un percorrido de 8 kilómetros que levaba aos participantes e achegarse ao Val do Maceiras e ao paseo da Portela.
Todo o recadado, a través das inscricións dos participantes que doaban 6 euros, está destinado integramente a programa de investigación contra a enfermidade así como programas de apoio integral a pacientes oncolóxicos e de apoio aos seus familiares.
A presidenta da asociación en Redondela, Amparo Alonso, salienta o éxito de participación así como a colaboración de diferentes entidades e casas comerciais que se encargaron do avituallamento: as augas foron achegadas por supermercados Froiz, Eroski achegou barritas enerxéticas e a froita foi doada por Frutas Nieves. As camisetas foron doadas por RODAVIGO.



