Hoxe é Sábado 28 de Xuño de 2025

Redondela reclama ao SEAGA que acometa a limpeza da masa forestal de Río Frío “pendente dende hai un ano”

río frío

O Concello reclama a Empresa Pública dependente da Xunta que axilice as xestións para proceder á tala e limpeza das denominadas “faixas secundarias” do municipio para previr incendios. Explican dende a Concellería de Medio Ambiente que aínda están sen limpar as parcelas que corresponden ao convenio de 2024, ás que se suman as deste 2025. Lembran que un ano despois aínda está pendente a limpeza en Rio Frío en Chapela.

Medio Ambiente explica que a petición fai referencia a franxas de 50 metros ao redor de construcións e vivendas que deben manterse limpas e sen especies pirófitas, propensas a propagar lumes. Conservar estas zonas de monte correctamente “é esencial para evitar a proliferación de incendios en puntos especialmente sensibles”, sinala o concelleiro de Medio Ambiente, Alberto Álvarez.

En base ao convenio asinado entre o Concello, a Consellería do Medio Rural, a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) e o Seaga no 2022, os concellos poden solicitar a xestión da biomasa na rede de faixas secundarias, é dicir, as máis próximas ás zonas habitadas para previr incendios forestais que poñan en risco as vivendas.

A comezos do verán de 2024 a Consellería de Medio Rural comprometeuse a acometer a limpeza e tala da biomasa en Río Frío, na parroquia de Chapela, así como noutras zonas. Álvarez explica que hai un total de 10 hectáreas das que está aprobada a súa limpeza desde o ano pasado, pero aínda non se realizou, e están tamén pendentes as parcelas deste 2025. O concelleiro de Medio Ambiente advirte que existe preocupación por parte dos veciños, e que desde o Concello ofrecen “toda a colaboración á administración autonómica para resolver esta situación” e lamenta que a Xunta de Galicia “demore durante meses todas as tramitacións”.

O Concello elaborou en 2019 o Plan Municipal de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais que a propia Dirección Xeral de Defensa do Monte sinala que “cumpre cos requisitos que establece a normativa”. Álvarez, explica que “debe ser a Consellería de Medio Rural quen realice a xestión da biomasa e a retirada de especies arbóreas, na súa maior parte eucaliptos e piñeiros”. Descoñécese quen son os propietarios de moitas das parcelas e o Concello non dispón de medios para proceder á limpeza, “que debe realizar SEAGA, segundo o convenio”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Radio stream metadata in not available.
Radio Redondela
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: