Hoxe é Venres 27 de Xuño de 2025

O viño colleiteiro reúne en Soutomaior máis de mil persoas

festa

O furancho do Pazo María & Conrado fíxose co galardón desta primeira edición do certame que se desenvolveu na fin de semana no campo da festa de San Benito en Romariz. Un total de dez adegas achegaron os seus caldos elaborados de xeito case artesanal. Un viño que goza do favor do público, que puido degustalos xunto ao churrasco, o polbo e as ostras que se serviron na zona gastro, ao tempo que gozaban da música dos grupos ‘Algo pasa con Mery’ e ‘Desconcerto’.

Un encontro no que participaron o FuranchoLinchú(Vela), Furancho do Pazo María & Conrado (Comboa), Adega do músico(O Sobral), María Sobral(Romariz), Albariño da Baralla(O Val), A casa de Lisa(O Sobral), Irmáns Lorenzo(O Sobral), Furancho O Maroco(Alxán), Veigha do Meirolas (O Rial) e Aires do Verdugo(O Rial), pequenos produtores que queren “poñer no lugar que merece a uva albariña da localidade”. Unha cita que, en palabras do alcalde Manu Lourenzo “chega para quedar grazas ao traballo e esforzo dos colleiteiros e colleiteiras do noso concello e a colaboración das institucións”.

Unha primeira edición na que o furancho do Pazo María & Conrado fíxose co galardón ‘Colleiteiro distinguido Soutomaior 2025’, obtido tras unha cata a cegas cun xurado profesional composto por Dominique Roujou de Boubée, asesor en viticultura e enoloxía; Juanjo Figueroa, Presidente da Asociación galega de Sumilleres (AGASU) e tamén de Mercedes González Rodríguez, Presidenta de Vitislucus- Expertos/as en Análise Sensorial e Enoturismo.

Lourenzo agradeceu “o traballo incansable dos colleiteiros e colleiteiras para permitir que este Encontro, que durante anos só era unha pretensión veciñal, se convertese nunha realidade. Esta é a mellor mostra de que a colaboración e o aliñamento entre o Goberno local e os pequenos produtores, e en xeral co tecido social, é fundamental”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Radio stream metadata in not available.
Radio Redondela
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: