A SAR acadou unha meritoria sexta posición mentres que o equipo de Bueu foi sétimo. Un campionato que deixou intensos momentos na Bomboneira, con partidos que arrancaban o mércores da pasada semana e que o sábado acollían a última das citas para as de Redondela. As da SAR pecharon a súa participación neste campionato cunha derrota ante o Eskubaloia Basauri nun partido moi disputado que rematou cun resultado de 24-28 a favor das vascas.
O equipo infantil feminino da SAR fixo historia ao proclamarse na sexta posición do Top8 no que o IFEM Córboda se proclamou campión indiscutibles tras imporse na final ao equipo catalán Les Franqueses por un igualado marcador de 24-26. O conxunto andaluz amosou o seu carácter competitivo nun encontro moi igualado que se decidiu no último momento.
As catalás de Les Franqueses, que viñan de superar ao Atticgo Elche nunha intensa semifinal, non puideron reptir vitoria ante un Córdoba moi sólido e eficaz como xa amosaran no seu partido coa SAR.
O bronce foi para o Atticgo Elche, que logrou repoñerse da derrota en semifinais para superar ao Handbol Gavà Blau (30-22) no partido no que se disputaban o terceiro e cuarto posto.
Na zona media da clasificación, Eskubaloia Basauri fíxose coa quinta posición tras vencer á SAR Rodavigo que finalizaba na sexta praza tras un partido cun alto nivel competitivo.
A sétima posición foi para Lapaman Área de Servicio Bueu Balonman, que superou a Handbol Sant Vicenç, oitavo clasificado, neste Campionato de España disputado durante cinco días en terras galegas.