Hoxe é Luns 9 de Xuño de 2025

Trece grupos de música e baile tradicional danse cita no III Serán da Escola de música de Chapela

serán chapela foto

A cita desenvolverase o sábado 31 de maior a partir das 20:00 horas no pavillón de Chapela e busca ser unha tarde noite de convivencia, música e baile. Contará coa participación de trece grupos de gaitas, pandereteiras, acordeóns e baile que animarán esta xornada de conviviencia e promoción da cultura tradicional.

A Música e o baile tradicional van ser os protagonistas desta xornada, na que tamén haberá postos de comida e bebidas nos que se poderán degustar o tradicional choripán, empanadillas, bocadillos, rosquillas ou bica.

Unha actividade en colaboración co Concello que busca a promoción e divulgación da Música e o baile tradicional “unha das apostas da escola de música de chapela dentro da súa oferta de ensinos musicais e na que xa conta cun grupo de gaitas, un grupo de pandeiretas e un grupo de percusión tradicional, onde os seus alumnos/as realizan actuacións en diferentes eventos”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Radio stream metadata in not available.
Radio Redondela
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: