Hoxe é Venres 6 de Xuño de 2025

Presentación do libro “Rastreando el Origen…” de Guillermo García de La Riega Bellver

libro

A Casa da Cultura acolle este venres ás 20:00 horas a presentación do libro de Guillermo García, unha novela baseada en feitos reais que leva por título “Rastreando el origen…” Unha actividade organizada polo Obradoiro de Estudos Locais Fernando Monroy.

A novela describe unha trama na que se mesturan a procura da identidade dun importante persoeiro histórico e o decorrer social na cidade de Pontevedra, de onde é natural o seu autor Guillermo García de la Riega Bellver.

Como escritor, xa ten publicadou un ensaio e dúas novelas biográficas relacionadas con persoas da súa familia. Unha das novelas biográficas trata sobre o seu pai, comandante e comisario político do exército republicano, e narra a súa historia dende 1936 ata 1951. A outra obra biográfica está dedicada ao seu bisavó, Celso García de La Riega, intelectual pontevedrés que en 1898 refutou a orixe xenovesa de Cristóbal Colón e defendeu a orixe galega do navegante e que foi acusado falsamente de fraude documental, demostrándose 100 años despois, que os documentos eran reais e legais.

Ten participado en conferencias, foros e artigos para prensa e revistas e chega agora a Redondela para presentar a súa última novela.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Radio stream metadata in not available.
Radio Redondela
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: