O pavillón municipal Manuel González Soto, de Chapela, acollerá dende este venres e ata o domingo 1 de xuño os partidos da categoría Sub10 masculina, no que participa o IES Coruxo FS de Vigo xunto co EFS Humanes, da comunidade de Madrid, o CD Exposición, da Comunidade Valenciana e o Aljucer FS da Rexión de Murcia.
A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, presentou esta fase previa do torneo xunto ao concelleiro de Deportes, Iván Valles, o presidente do Comité Galego de FS, Julio Mougán, ademais de Fernando Rolland e Iván Sobrado, presidente e adestrador do IES Coruxo FS, respectivamente. Pola súa banda, as diferentes fases finais terán lugar os días 14 e 15 de xuño en sedes por determinar.
En total serán uns 50 xogadores os que visitará Redondela co gallo deste campionato, aos que hai que sumar aos corpos técnicos e familias dos menores. Para Rivas é unha boa oportunidade para que os clubs que chegan desde Madrid, Valencia e Murcia poidan coñecer todos os atractivos do municipio.