Hoxe é Venres 6 de Xuño de 2025

A SAR cae ante Les Franqueses

sar partido

As mozas da SAR loitaron ata o final pero non puideron cunhas rivais que lograron a vitoria por 25-28 no segundo dos partidos que as redondelás disputan nesta fase final do Campionato de España Infantil Feminino. Hoxe xóganse o pase a semifinais fronte ao IFEM BM Córdoba, nun partido que se disputará ás 20:30 horas no pavillón da Bomboneira.

Derrota moi pelexada por parte do equipo infantil da SAR ante Les Franqueses nun partido intenso e especialmente emocionante na segunda parte, no que as locais chegaron a poñerse por diante nalgúns minutos do encontro. No primeiro tempo foron as catalás as que impuxeron o ritmo adiantándose claramente no marcador cun 5-10. Con todo, as de Redondela non se viñeron abaixo e continuaron no partido lograron recortar distancia e chegando ao descanso cun 10-13.

Na segunda parte a SAR logrou empatar o partido e incluso poñerse por diante, situación que levantaba á bancada que animaba sen descanso no que foi un “toma e daca” por parte dos dous equipos que se mantiñan igualados loitando por despegarse do rival.

Nos minutos finais, Les Franqueses acertou en varias ocasións claves, sumando goles ao seu marcador ata chegar ao remate co definitivo 25-28.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Radio stream metadata in not available.
Radio Redondela
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: