O obxectivo desta proposta, que chegará a pleno en forma de moción, é transformar este edificio nun espazo axeitado para o desenvolvemento da cultura popular galega, en especial da música tradicional. Reclaman que se dote o edificio de salas insonorizadas e que se acometan melloras térmicas e lumínicas, se adapten os baños para persoas con mobilidade reducida e se habilite unha sala para concertos de pequeno formato (30-40 persoas) así como a creación dunha pequena sala de gravación.
O edificio da Antiga escola de Tuimil acolle actualmente cursos de gaita, zanfona, pandeireta, percusión ou canto tradicional nunhas instalacións que, segundo explican os nacionalistas “non están nin acondicionadas nin adaptadas para iso”.
Explica neste sentido que o edificio se atopa nunha situación moi precaria: cun illamento acústico deficiente, carencias en iluminación, temperatura e mobiliario, ademais de baños non adaptados.
Por este motivo achegarán unha moción ao pleno na que recollen dous acordos: que o Concello contrate de inmediato a redacción do proxecto de rehabilitación integral e que o inclúa nas convocatorias para infraestruturas culturais promovidas polas distintas administracións.
Explican que o proxecto de rehabilitación que debería redactar o Concello terá que incluir “salas insonorizadas, melloras térmicas e lumínicas, a adaptación de baños para persoas con mobilidade reducida, a habilitación dunha sala para concertos de pequeno formato (30-40 persoas) así como a creación dunha pequena sala de gravación.
O voceiro do BNG, Xoán Carlos Gonzáles acusa ao goberno municipal de “indiferenza cara as parroquias que levan ano sufrindo un abandono sistemático mentres concentra os investimentos no casco urbano”. Conclúen afirmando dende o BNG que “hai recursos e hai ferramentas para acometer este proxecto, só falta vontade política da alcaldesa Digna Rivas para investir na parroquia do Viso”.