Hoxe é Sábado 7 de Xuño de 2025

Iria-Friné Rivera aborda a cartalaría de Castelao para o Estatuto do 36

cartel castelao

A oficina de turismo acolle este venres 30 de maio ás 19:30 horas a conferencia “Historia e presente, a arte de abrir os ollos nos carteis do estatuto de Galicia de Castelao” a cargo da historiadora da Arte, escritora e investigadora Iria-Friné Rivera Vázquez. A actividade aberta ao público que queira achegarse, pecha o ciclo de conferencias organizadas polo servizo de normalización lingüística co gallo do Ano Castelao.

Unha programación organizada co gallo da celebración neste 2025 do Ano Castelao, cando se cumpre o 75º aniversario do seu pasamento. O Concello de Redondela súmase a esta conmemoración co obxecto de poñer en valor o relevante papel de Castelao como político, intelectual, escritor e debuxante.

Na conferencia deste venres lembraranse os carteis da campaña do Estatuto de Galicia realizados coa premisa de que o cartelismo e a publicidade son un medio feito a medida da sociedade e que, no seu afán innovador, traballa a favor de avances. Castelao firmou dous deles, sendo realizados no estudio de Camilo Díaz Baliño, pai de Isaac Días Pardo. Deste produto cultura falará Iria-Friné Rivera, o día 30 ás 19.30 horas na Oficina de Turismo, rúa Isidoro Queimaliños, con entrada libre ata completar o aforo.

Por outra banda, o 4 de xuño o Concello colaborará co CEIP Alexandre Bóveda (Angorén-Chapela), na celebración do aniversario de Alexandre Bóveda, coa participación das fundacións Castelao e Bóveda. O xoves, 5 de xuño, inaugúrase no Multiúsos da Xunqueira a exposición itinerante “Castelao Grafista” en colaboración con Afundación, a Fundación Gonzalo Torrente Ballester, a Real Academia Galega de Belas Artes e Turismo de Galicia.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Radio stream metadata in not available.
Radio Redondela
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: