A residencia literaria que se desenvolve na Illa de San Simón en tres quendas nos meses de maio, setembro e outubro, está organizada pola Xunta co obxecto de impulsar a creación en galego. Son un total de vinte catro autores e autoras as que participarán na experiencia, que arranca este luns 26, traballando nunha gran variedade de xéneros literarios como novela, poesía, teatro, ensaio, ilustración ou guión cinematográfico.
O obxectivo destas residencias literarias é proporciona aos bolseiros unha estadía que ofrece unhas condicións óptimas para potenciar a súa creatividade para impulsar a creación en galego. Así, as vinte catro persoas admitidas farán a estadía na illa durante tres quendas que poderán durar como máximo unha quincenas nos meses de maio, setembro e outubro. Na presentación dos participantes o director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, resaltou que os xéneros literarios elixidos polos creadores son moi diversos, xa que van desde a novela, o teatro, a poesía ou o ensaio, ata outras máis especiais como a ilustración e os guións cinematográficos.
Os autores e autoras que participarán na edición deste ano serán: Carlos Ignacio Labraña Barrero, Branca Trigo Cabaleiro, Jorge Coira Nieto, Araceli Gonda Cabreira, Carlos Negro Romero, Francisco Javier Fernández Davila, Francisco Valeiras González, Carlos Lixo Gómez, Ramón Domínguez Veiga, Ana Belén Gutiérrez Puente, Ana María Cibeira Vázquez, Sarai Lorenzo Broullón, Clara Rodríguez Giraldez, Nuria Díaz Berride, Alba Tomé Sueiro, Eire García Cid, José Antonio Araújo Pérez, Sabela González Panizo, Sarai Villar Aira, Vicente Vázquez Vidal, Daniel Gutiérrez Toca, Elena Martí Lores, Sandra Beiro Rodríguez e Victor Cebey López.