Hoxe é Luns 9 de Xuño de 2025

Redondela FS Rodavigo toca o ceo: ascenso histórico á Terceira

500540544_18360461260151062_7492176203089630589_n

O Redondela FS Rodavigo fixo realidade o soño do ascenso á Terceira División Nacional tras impoñerse con autoridade ao Reserpon Poio Pescamar F.S. por 2-6 na final dos play-offs, celebrada este domingo no Pavillón Muncipal A Seca nun ambiente eléctrico. O equipo redondelán culmina así unha tempada histórica, rubricando o seu gran momento cun resultado que deixa claro o seu potencial competitivo.

Despois de finalizar a liga regular en terceira posición con 63 puntos e superar ao CVC Valladares por 3-2 na semifinal, os de A Marisma completaron a fazaña cun partido brillante en ataque e sólido en defensa, no que dominaron de principio a fin. A súa entrega e disciplina táctica, sumadas ao apoio constante da “Marea Azul”, foron claves para alcanzar o éxito.

O pavillón vibrou cos seis goles do Redondela FS Rodavigo, que non só acadou a vitoria senón que tamén demostrou estar preparado para dar o salto de nivel. Este ascenso marca un antes e un despois na historia do club, que consolida así o seu proxecto deportivo e soña xa con novos retos na categoría nacional. A directiva comeza agora a planificación da vindeira tempada con ilusión renovada e co compromiso de seguir facendo medrar o fútbol sala en Redondela.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Radio stream metadata in not available.
Radio Redondela
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: