Hoxe é Luns 9 de Xuño de 2025

Redondela acolle os exames da Royal Academy of Dance

danza2

O Centro Recreativo Cultural foi sede das probas que se celebraron ao longo do pasado venres en Redondela. Participaron un total de 35 estudantes de ballet da Escola de Danza Deborah de entre 7 e 17 anos de idade que se enfrontaron as esixentes probas da Royal Academy of Dance, entidade líder en educación e formación en danza a nivel mundial.

Un total de 35 alumnas de ballet da Escuela de Danza Deborah, con sede en Redondela e Pontevedra, realizaron ao longo do venres os exames acreditativos do seu nivel nesta disciplina, dende primary, para bailaríns e balilarinas de 7 a 9 anos, así como o resto dos graos e os exames de Vocacional ou Pre-profesional, que as acreditará cun título que avala o seu nivel.

Co obxecto de realizar estas probas, desprazouse dende Londres ata Redondela unha examinadora da Royal Academy of Dance, encargada de avaliar ás estudantes.

A Royal Academy é unha entidade líder en educación e formación en danza a nivel mundial. Leva máis de 100 años ensinando a bailar en distintas partes do planeta, empregando unha metodoloxía aberta aos cambios constantes na sociedade. A través dunha rede internacional de profesores de danza, que conecta unha comunidade global de máis de 400.000 estudantes e bailaríns de todas as idade e niveis que se atopan en máis de 80 países. Este sistema de ensinanza unifica criterios e responde á necesidade de obter acreditación regrada dos estudados de danza.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Radio stream metadata in not available.
Radio Redondela
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: