Hoxe é Domingo 8 de Xuño de 2025

Redondela debate na mesa de saúde: pon o foco na saúde mental e a escaseza de recursos

0823a656-72f9-438b-beaf-ac4e6687a916

A Casa da Cultura de Redondela acolleu a reunión da Mesa de Saúde Local, integrada polo Concello, o Centro de Saúde de Redondela e unha ducia de asociacións e entidades. Durante o encontro, debateuse e compartiuse un análise das fortalezas, oportunidades, debilidades e ameazas vinculadas á promoción da saúde no municipio. Entre os asistentes atopábanse a Rede Galega de Promoción da Saúde (REGAPS), centros sociocomunitarios, centros de día, a Asociación de Empresarios, centros educativos, Anpas e outros colectivos sociais.

Os participantes coincidiron en sinalar a saúde mental e a escaseza de recursos neste ámbito como unha das principais ameazas para o benestar da comunidade. Ademais, identificáronse outros retos, como a sobrecarga nos centros de saúde, os riscos derivados das redes sociais, as adiccións, o sedentarismo e a falta de transporte público, especialmente nas parroquias. Entre as demandas destacadas polas asociacións, salientouse a necesidade de reforzar o apoio psicolóxico tanto para nenos e adolescentes como para adultos, o que contribuiría a mellorar a saúde mental. Tamén se solicitaron máis recursos nos centros educativos para atender á diversidade e maiores apoios para fomentar a saúde comunitaria e a conciliación.

No encontro tamén se destacaron as “fortalezas” de Redondela para promover un estilo de vida saudable, como a riqueza dos seus recursos naturais para actividades ao aire libre, o dinámico tecido asociativo (tanto veciñal como cultural), os espazos comunitarios en núcleos urbanos e parroquias, e a variada oferta deportiva, entre outros puntos fortes.

Tras recompilar todas estas observacións, elaborarase un diagnóstico da situación mediante unha ferramenta que avalía o nivel de salubridade das contornas en relación cos hábitos de vida, como a alimentación, a actividade física, o benestar emocional, a cohesión social ou o sono. O concelleiro de Saúde, Alberto Álvarez, indicou que desta análise xurdirán as primeiras propostas de actuación. Os seguintes pasos incluirán a creación dunha guía cos recursos sociosanitarios dispoñibles e o deseño das accións que se implementarán.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Radio stream metadata in not available.
Radio Redondela
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: