Hoxe é Martes 10 de Xuño de 2025

Redondela acolle o Campionato Galego de Taekwondo con máis de 1.000 participantes

Campionato.Galego.Taekwondo.384e36

O pavillón municipal da Marisma, en Redondela, será este sábado, 24 de maio, a sede do Campionato Galego de Taekwondo nas modalidades de freestyle escolar, técnica escolar e exhibicións de escolares e adultos. Máis de 1.000 nenos e nenas de toda Galicia, clasificados tras superar as fases provinciais, participarán nesta cita autonómica que promete ser unha gran festa do deporte.

O Club de Taekwondo Omnihum representará a Redondela con máis de 40 escolares na competición. Ademais, as exhibicións de adultos contarán con 60 deportistas distribuídos en varios grupos, mostrando a diversidade e espectacularidade desta arte marcial. O evento, que se celebrará desde as 9:00 da mañá ata as 20:30 da noite, estará supervisado por máis de 50 xuíces e árbitros para garantir o seu correcto desenvolvemento.

A presentación tivo lugar no Concello de Redondela, coa asistencia da alcaldesa, Digna Rivas, o concelleiro de Deportes, Antonio Cabaleiro, Noelia Pérez, vicepresidenta da Federación Galega de Taekwondo, Beatriz Isabel Queiro, presidenta do Club Omnihum, e Yago Bernárdez, adestrador do club redondelán. Digna Rivas subliñou que este campionato “é unha oportunidade para visibilizar o talento local e promover valores como o esforzo, a disciplina e o compañeirismo entre a mocidade”.

O Campionato Galego de Taekwondo ofrecerá unha xornada chea de emoción, técnica e espectáculo na Marisma, consolidando a Redondela como un referente deportivo na rexión. A entrada será gratuíta, animando a toda a cidadanía a asistir e apoiar aos participantes.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Radio stream metadata in not available.
Radio Redondela
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: