Fotos de Patry Rivas
O Pavillón Municipal A Bomboneira ,vive un mes de maio vibrante, consolidándose como epicentro do balonmán nacional. Despois de acoller os sectores xuvenil e infantil femininos, o prato forte chega dende hoxe, venres 23 de maio, ata o domingo 25, co SAR OPmobility disputando o ascenso a Primeira Nacional como anfitrión. Un fito histórico que promete encher de paixón as bancadas dunha afección incombustible. O club redondelán enfrontarase a tres potentes rivais: BM Sariegos (Castela e León), BM Mostoles (Madrid) e BM San José Obrero (As Palmas).
Os horarios dos encontros están confirmados: hoxe, venres 23 de maio, o BM Sariegos enfrontarase ao BM Móstoles ás 18:15 h, e a SAR OPmobility xogará contra o San José Obrero ás 20:30 h. O sábado 24, ás 17:00 h, disputarase o partido entre o BM Móstoles e o San José Obrero, seguido do duelo entre a SAR OPmobility e o BM Sariegos ás 19:15 h. Finalmente, o domingo 25 celebrarase a final, cuxos competidores dependerán dos resultados previos.
A SAR OPmobility, que chega despois dunha tempada sólida, buscará facer valer o factor casa nunha Bomboneira que se espera abarrotada

A SAR OPmobility, que chega despois dunha tempada sólida, buscará facer valer o factor casa nunha Bomboneira que se espera abarrotada.

Sector Cadete Feminino en Zaragoza
O mes de maio segue marcado polo balonmán en Redondela, aínda que o sector cadete feminino estase a disputar en Zaragoza, do 22 ao 25 de maio. Onte comezaron cun tropezo no que o equipo caeu por 38-16 ante Balonmano La Jota, equipo anfitrión, que marcou o ritmo desde o inicio e foi ao descanso cunha clara vantaxe de 20-9. A segunda parte mantivo a mesma tónica, con dominio do rival e dificultades para recortar a diferenza. Aínda queda moito por loitar e teñen oportunidade de selar o pase á final do domingo.

