A Asociación de veciños de Chapela organiza a XX edición dunha actividade que busca poñer en valor a riqueza paisaxística e natural desta zona da parroquia e que se vai desenvolver o domingo 25 de maio ás 10: 00 horas. Os participantes sairán dende o Camiño da Fraga ata o nacemento do río Fondón achegándose así aos muíños, pontes, fervenzas así como a fauna e flora existente nesta contorna das parroquias de Chapela e Trasmañó.
Como tódolos anos o remate da marcha, sobre as 14 horas, haberá un xantar popular nas mesas da área de descanso do “Chan da Lagoa”. Cada un levará o seu propio xantar e organizaranse coches que se encargarán de subir a comida ata o lugar.
A novidade desta edición chega en forma de premio. Así, a Asociación realizará un concurso no que se premiará á mellor fotografía de entre as imaxes que se tomen durante a andaina e que sexan remitidas ao correo da Asociación. A persoa premiade recibirá unha pasaxe en barco para visitar as Illa Cíes o día 13 de xullo. Un premio que tamén se sorteará entre todos os participantes na ruta.
As persoas interesadas en participar nesta andaina podne facelo achegándose ao local da Asociación na vía verde de Chapela (o edificio da antiga estación de ferrocarril) ás 10:00 horas do vindeiro domingo.