Hoxe é Luns 9 de Xuño de 2025

Soutomaior contará cun servizo móbil para a renovación do DNI e o pasaporte

Reunión Manu Lourenzo e Diego Moreira cos inspectores da Policía Nacional

As veciñas e veciños de Soutomaior poderán renovar e facer o DNI de maneira directa no concello, evitando así que teñan que trasladarse a Vigo ou Pontevedra para facer este trámite. O servizo comezará a funcionar o 30 de xuño, terá unha periodicidade mensual e instalarase na casa do concello.

O alcalde de Soutomaior Manu Lourenzo e o concelleiro de Interior, Diego Moreira, reuníronse e cos inspectores da Policía Nacional Esteban Pinilla e Arturo Mediavilla co obxecto de formalizar o acordo que permitirá a este municipio contar co servizo de expedición do DNI e pasaporte a través das oficinas móbiles da Policía Nacional.

O servizo, que está pensado para concellos onde non existe Comisaría ou Oficina da Policía Nacional, permite obter ou renovar o DNI e o pasaporte e estará instalado no propio concello, facilitando así á veciñanza un trámite que ata o de agora a obrigaba a trasladarse a cidades veciñas e perder unha mañá para contar con esta documentación en regra.

O 30 de xuño será a primeira data na que esta oficina móbil se achegue a Soutomaior. As citas pediranse de maneira directa nas oficinas do concello en horario de 9:00 a 14:00h. Nas vindeiras semanas procederase á apertura destas citas para que a veciñanza poida beneficiarse deste servizo.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Radio stream metadata in not available.
Radio Redondela
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: