Hoxe é Martes 10 de Xuño de 2025

O PP eleva a 1,2 millóns os fondos europeos perdidos polo Concello de Redondela

museo

Parcela na que estaba previsto construír o museo etnográfico

Os populares denuncian que o Concello perdeu 1,2 millóns de euros de fondos Edusi por falta de execución de proxectos como o museo da Avenida Mendiño ou a reforma integral da Praza de Abastos, entre outros.  Ante unha pregunta do PP no Congreso dos Deputados, o Goberno trasladoulles que o Concello recibíu unha achega do Feder de 3.801.930 euros malia que lle foron concedidos 5 millóns de euros. Entenden que esa diferencia é produto da falta de capacidade de xestión do goberno local.

O grupo municipal do PP denuncia que o Concello perdeu case 1,2 millóns de euros dos fondos europeos para Estratexia de Desenvolvemento Urbano Integrado e Sostible (Edusi) por falta de execución de proxectos e actuacións e cualifica a situación de “inadmisible” ao reiterarse unha vez máis “a falta de capacidade e de xestión da alcaldesa, Digna Rivas”.

Os populares explican que representantes do seu partido no Congreso dos Deputados formularon unha pregunta sobre estas partidas e o Goberno de España informou que o gasto total subvencionable e validado ascendeu a 4.752.410 euros “polo que a achega Feder abonada ao municipio ascenderá a 3.801.930 euros en vez dos 5 millóns de euros que lle foron concedidos”.

Entre as actuacións que finalmente non foron financiadas pola perda destes cartos figuran o museo, actuación de eficiencia enerxética e mellora do alumeado público, a reforma integral da Praza de Abastos e humanizacións de rúas.

Para o PP redondelán, a situación é dobremente grave, posto que reflicte un problema de xestión de gran calado “que impide que os veciños se beneficien de importantes investimentos en infraestruturas e servizos pola perda destes cartos”, e, por outra banda, e tamén un novo episodio de “desinformación e mentiras” por parte da rexedora, posto que no seu día emitíu unha nota de prensa na que cifrou a execución dos proxectos europeos en máis de 5,4 millóns de euros, é dicir uns 650.000 euros por riba da realidade.

“Tras perder 2,4 millóns de euros en axudas só no primeiro ano de mandato e seguir por esta liña durante o seguinte, agora atopámonos con isto. E todo elo escoitando as súas queixas de que non ten cartos, pero a realidade di que os que lle chegan non sabe nin úsalos nun exercicio de absoluta irresponsabilidade”, conclúe o concelleiro popular Javier Bas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Radio stream metadata in not available.
Radio Redondela
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: