“Voces con amor” é o nome do festival homenaxe que terá lugar este sábado ás 20:00 horas no Mutiúsos da Xunqueira e no que diferentes artistas como os redondeláns Tatán ou Seso Durán versionarán os temas do xuglar arxentino. A súa compañeira Pili Campos estará presente nun acto no que presentará o libro póstumo de Amor, baixo o título “El calesitero cósmico… y otros cuentos”.
Cantautor arxentino, Rafael Amor chegou a España no ano 1973, onde desenvolvería a maior parte da súa carreira ata o seu falecemento no ano 2019. En vida visitou Redondela onde residen algunhas das súas amizades o que levou a súa compañeira a promover esta homenaxe na que Seso Durán, Eduardo Rodríguez Cunha “Tatán”, Mirian Sandoval, Paco Pérez Belda, La Campana e Manolo Pipas interpretarán algunas das súas cancións como “Corazón libre”, “Elegía a un tirano” ou “No me llames extranjero”, temas que aínda seguen de actualidade malia o paso dos anos
Cunha obra que se caracterizou pola denuncia social e a reivindicación, a súa música poderemos escoitala este sábado ás 20:00 horas no multiusos nun acto emotivo no que non faltará o humor nin as as sorpresas para homenaxear ao que foi un dos grandes xuglares da súa época, “un cronista do cotián que contaba a realidade de xeito poético”
O acto, organizado polo Colectivo republicano en colaboración con Sinha Paca e o Concello, contará coa presenza da compañeira de Rafael Amor, Pili Campos que presentará o libro póstumo de relatos ““El calesitero cósmico… y otros cuentos”.
