Hoxe é Mércores 11 de Xuño de 2025

Concerto de Ugia Pedreira na Alameda de Redondela

BASAL-PROMO-Oscar-Gorriz-en-tamano-grande

Unha das grandes voces da música tradicional galega, Ugia Pedreira actúa en Redondela co seu espectáculo “Basal”. Unha actividades enmarcada dentro da programación cultural en torno ás Letras galegas organizada dende o servizo de Normalización Lingüística que permitirá ao espectador mergullarse nunha viaxe continental de fusión de estilos e músicas cun repertorio que abarca folk, ska, música electrónica, latina e boleros. O concerto contará coa participación das asociacións Lenda e Andaina este venres 23 ás 19:00 horas.

Ugía é unha das grandes voces da música tradicional así como da súa innovación. Chega a Redondela co seu último traballo, “Basal” unha fusión de estilos que mestura as composicións con temas filosóficos, persoais, sociais… Este espectáculo é unha viaxe continental entre o “rave” e a foliada, o jazz club e a música disco dos 80, a danza tribal e os rituais espirituais. Cuba, Brasil e Galicia abrázanse neste concerto que combina rock, jazz, MPB e música clásica, levando todas as cancións a novos horizontes. Basal está nominado ao Premio da Academia de Música de España como mellor disco folk.

Nesta proposta mestiza a Pedreira estará acompañada por Lorena Cachito (batería e coros), Alejandro Vargas (sintetizadores e teclados) e Mauricio Caruso (guitarra eléctrica).

Un concerto gratuíto que contará tamén coa lectura de textos literarios a cargo dos usuarios e usuarias das asociacións Lenda e Andaina.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Radio stream metadata in not available.
Radio Redondela
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: