Hoxe é Mércores 11 de Xuño de 2025

Charla para pais e nais sobre os retos da crianza na vida cotiá

anaps

A conferencia organizada pola Federación de Anpas terá lugar este venres 23 ás 18:30 horas no Multiúsos da Xunqueira e na mesma abordaranse cuestións tales como a autoridade, o establecemento dos limites, o uso das novas tecnoloxías ou cuestións vinculadas coa saúde mental. Alfredo Waisblat, especialista en Metodoloxía ProCC, será o encargado de impartir esta actividade na que é preciso inscribirse previamente. Inscricións neste enlace.

As persoas participantes coñecerán nesta charla, gratuíta e aberta ao público en xeral, a Metodoloxía ProCC, unha proposta de intervención psicosocial que ofrece ferramentas prácticas para afrontar os desafíos do día a día. Durante o encontro abordaranse temas tan relevantes como a crianza, a saúde mental, o establecemento de límites, ou o uso da tecnoloxía no fogar, entre outros. A actividade está dirixida tanto a familias como a profesionais do ámbito educativo, sanitario e social, e ofrece un espazo de reflexión compartida arredor dos malestares cotiáns que se viven na vida familiar e comunitaria.

A sesión estará a cargo de Alfredo Waisblat, psicólogo licenciado pola Universidade de Bos Aires (Arxentina) e especialista na Metodoloxía ProCC, cunha ampla traxectoria internacional na formación e no acompañamento de procesos psicosociais.

Estes obradoiros axudan a dotar as familias de ferramentas prácticas para acompañar con corresponsabilidade a nenas, nenos e adolescentes en etapas tan complexas como a puberdade ou a adolescencia.

Esta metodoloxía convida a mirar a vida cotiá como un espazo de cambio, no que os conflitos e malestares —que moitas veces se aceptan como “normais”— poden ser comprendidos e transformados a través da reflexión compartida.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Radio stream metadata in not available.
Radio Redondela
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: