Hoxe é Luns 9 de Xuño de 2025

As mozas do Arealonga e Campito preparadas para a Copa

494265840_4072984369624891_504585790859897620_n

O equipo sénior feminino do Arealonga F.S. asegurou o seu pase aos cuartos de final da Copa da liga de Primeira Futgal F.S. O conxunto enfrontarase ao Tenorio F.S.F. nun emocionante encontro que terá lugar este venres, 23 de maio, ás 22:00 no Pavillón de Tenorio.

A afección está convocada a asistir e apoiar ás xogadoras, nun partido que promete ser decisivo para as aspiracións do equipo na competición. Dende o club animan a todos os seguidores a encher o pavillón e a mostrar o seu cariño polo Arealonga F.S., co obxectivo de lograr a mellor versión do equipo.

O Campito FS xoga na casa o primeiro partido da copa

Na categoría Sénior Feminina de Segunda Galicia Futgal F.S. o equipo do Campito Chapela F.S. tamén logrou o seu pase aos cuartos de final da Copa. As xogadoras enfrontaranse ao Pecheches F.S. nun partido clave que se disputará este domingo, 25 de maio de 2025, ás 19:00 horas no Pavillón Municipal de Chapela, onde xogarán como locais.

O club convida a toda a afección a acudir ao pavillón de Chapela para animar ao equipo nunha cita tan importante.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Radio stream metadata in not available.
Radio Redondela
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: