Hoxe é Luns 9 de Xuño de 2025

Homenaxe aos sete asasinados polo franquismo en Soutoxuste

fusilados1

O Concello vén de colocar un panel cunha ilustración de Castelao en memoria dos sete homes que foron fusilados en Soutoxuste, na estrada que une Redondela con Pontevedra, o 12 de outubro de 1936: José Bermejo, José Bouzón, Estanislao Fernández, Germán Parga, José Rodríguez, Ricardo Rosales e Pedro Villoldo.

“Na súa memoria e na de todas as vítimas do franquismo mortas por defender a democracia” é o texto que acompaña a imaxe de Castelao “O paraíso feixista” que dende onte lembra ás sete persoas que foron asasinadas nese punto da estrada logo de seren trasladados dende o cárcere de Vigo. Un deles, José Bouzón Sobral, de 26 anos de idade, era veciño de Redondela.

No acto celebrado na tarde de onte participaron familiares das vítimas así como a alcaldesa Digna Rivas e concelleiros e o Subdelegado do Goberno Abel Losada e o presidente do Colectivo Republicano de Redondela, Marcos Lareira quen agradeceu este recoñecemento por parte do Concello que a alcaldesa definiu como “un acto de xustiza” nuns tempos non que máis ca nunca “é imprescindible ter memoria”. A rexedora advertiu que compre levantar a voz e lembrar o que pasou ante a desinformación e o branquexamento do golpe de Estado e a ditadura franquista.

A rexedora lembrou “o firme compromiso do Concello de Redondela coa memoria democrática” e o traballo realizado nos últimos anos para que esa historia se coñeza, “sobre todo entre os máis novos”. A homenaxe ás “Madriñas de San Simón” ou o monumento aos represaliados no Alto da Concheira son mostra deste compromiso e pediu a colaboración de toda a cidadanía para “manter esta memoria” porque “se esquecemos o horror que foron a Guerra Civil e o Franquismo corremos o risco de que se repita”. Advertiu que desde o defenderán sempre “a liberdade, a igualdade e todos os valores que representa a democracia” xa que non hai que dalos por seguros e é necesario protexelos “cada día”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Radio stream metadata in not available.
Radio Redondela
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: