Hoxe é Luns 9 de Xuño de 2025

Estafadores suplantan ao concello de Redondela para cobrar facturas ilegalmente

concello

O Concello de Redondela alerta dun intento de estafa detectado nos últimos días baseado na suplantación da súa identidade xurídica. Concretamente un provedor tería recibido un correo suplantando a identidade do Concello no que lle reclamaban o pago dunha factura. Para evitar este tipo de estafas dende o Concello lembran que nunca esixen ningún pago nin por teléfono nin por mail só a través da sede eletrónica.

Ese tipo de estafas podía estar relacionada cunha práctica asociada á ciberdelincuencia, denominada Spoofing, que significa falsificar ou enganar. No ámbito da ciberseguridade este técnica consiste en que o atacante finxe ser unha entidade de confianza para manipular á vítima facéndose pasar por empresas ou entidades bancarias, persoas coñecidas ou, como neste caso, pola propia administración.

Co obxecto de que este tipo de estafa sexa identificada no seu inicio dende o Concello a través das súas redes sociais informan que “nunca esixirá o pago ou cobranza dunha factura por unha vía de comunicación que este fora da nosa sede electrónica (nin por teléfono, nin por mail,…só a través do acceso por  https://redondela.sedelectronica.gal/), que se atopa securizada para evitar calquera intento de ciberataque contrario ás disposicións vixentes” e lembran que a implantación das correctas políticas de seguridade, permitiron neste caso, detectar o intento de suplantación e dar aviso aos implicados para evitar este tipo de estafas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Radio stream metadata in not available.
Radio Redondela
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: