Hoxe é Venres 5 de Decembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Xadrez na Rúa: 300 escolares enchen de taboleiros a Alameda

Xadrez.Rúa.2025.99b1cf89-90ab-4cc7-9192-f71b2aa5a6be

A Alameda de Castelao acolleu a quinta edición do evento Xadrez na Rúa, que congregou a 300 nenos e nenas de Primaria e Secundaria procedentes de quince centros educativos. Os taboleiros de xadrez foron o centro de atención nunha xornada que cada ano gaña máis participación, incorporando nesta ocasión, por primeira vez, colexios e institutos de municipios veciños. Entre os centros participantes destacaron os CEIP Porto Cabeiro, Reboreda, Outeiro das Penas, Quintela, Alexandre Bóveda, CEP Santa Mariña, Colexio Vigo, os IES Chapela, Mendiño, Illa de San Simón, Pedro Floriani, Soutomaior, A Guía de Vigo e Indalecio Pérez Tizón de Tui.

Na categoría de Primaria, os primeiros postos foron para Unai Crespo, que conseguiu o ouro, seguido de Elena Cabañas en segundo lugar e Romeo Correa en terceiro. En Secundaria, Anxo Rodríguez alzouse coa vitoria, mentres que David Sanz e Alfonso Suárez ocuparon a segunda e terceira posición, respectivamente. A alcaldesa, presente na entrega de premios, destacou o valor do xadrez nos centros educativos, “pois fomenta habilidades como a concentración, a memoria e a rapidez mental dos estudantes”.

O torneo, organizado polo profesor do IES Floriani Miguel Ángel Vidal en colaboración co Concello de Redondela, consolídase como unha cita clave para promover o xadrez entre a mocidade.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará