Hoxe é Martes 10 de Xuño de 2025

Últimos días para inscribirse no programa formativo para xente moza que promove a Asociación de Empresarios

empresarios

O Colectivo empresarial organiza por terceiro ano consecutivo o “Xuventude mentoring na empresa” un programa que permite á xente nova formarse profesionalmente a través da súa estadía en empresas colaboradoras de sectores estratéxicos. Os mozos e mozas participantes poderán realizar esta formación en empresas locais de automoción, téxtil, agroalimentación, servizos sociais ou enerxías renovables, entre outras.  Durante as estadías recibirán unha bolsa de formación dun mínimo de 690,67 euros ao mes e terán un titor encargado do seu seguimento. O prazo de inscrición remata o 26 de maio.

Coa posta en marcha deste proxecto a entidade busca achegar talento novo ás empresas e axudar a xente moza a orientar o seu futuro profesional. A finalidade última é reforzar a empregabilidade e as habilidades e competencias profesionais das persoas mozas, contribuíndo á mellora da súa formación mediante a adquisición de experiencia profesional para a súa incorporación ao mercado de traballo. En definitiva, o que se busca é impulsar as oportunidades de emprego xuvenil.

Así, os mozos e mozas beneficiarios do Sistema nacional de garantía xuvenil poderán realizar estadías formativas en empresas ou entidades públicas ou privadas vinculadas a sectores económicos estratéxicos de Galicia. Durante as estadías recibirán unha bolsa de formación dun mínimo de 690,67 euros ao mes e terán unha persoa titora encargada do seu seguimento. O período das estadías formativas en empresas será de 3-4 meses cunha duración mínima de 100 horas mensuais e catro días semanais. (Data límite de realización das estadías formativas 31 de outubro de 2025).

A maiores destas estadías, tamén contarán cun plan formativo complementario en habilidades e competencias para o emprego, de 45 horas lectivas, que se poderán impartir en modalidade presencial, teleformación ou mixta.

As persoas interesadas en participar deberán inscribirse antes do 26  de maio. O número de prazas e limitado polo que é recomendable que esta inscrición se realice na maior brevidade posible. As persoas interesadas poden acceder ao impreso de inscrición clicando aquí.

Unha vez cuberto deben envialo xunto coa documentación solicitada ao correo xuventude.mentoringmpresasredondela.gal. Toda a información está dispoñible na web www.empresasredondela.gal ou directamente na sede da entidade. (R/ José Regojo, 2-1ºB)

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Radio stream metadata in not available.
Radio Redondela
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: