O traballo, realizado polo alumando de 6º de primaria do colexio Portocabeiro representou a Redondela no certame “Somos Rurais” convocado polas Anpas Galegas e dirixido a todos os centros de ensino público de Galicia. O traballo inclúe un emotivo vídeo titulado “Somos Primavera”, unha peza audiovisual que pon en valor a escola pública no rural como espazo de aprendizaxe, compromiso e identidade, conectando o centro coas tradicións da contorna e do concello.
A través da chegada da primavera e da celebración tradicional dos Maios, o traballo mestura versos, imaxes e emocións para reflectir a vida na escola como parte dun ecosistema vivo: as paisaxes que rodean o centro, o patrimonio das parroquias, os valores do respecto, da empatía e do coidado do entorno. O vídeo é tamén é unha homenaxe sentida da rapazada que remata etapa educativa neste curso a toda a veciñanza das parroquias, ao profesorado e as familias do centro.
O traballo inclúe un emotivo vídeo titulado ‘Somos Primavera’, no que, a través das coplas recitadas polos nenos e nenas, se amosan imaxes do centro e da súa contorna, transmitindo os valores e as experiencias que estes alumnos viviron no centro durante todos estes anos, e que perdurarán no seu recordo. O vídeo mostra o centro, rodeado de natureza, onde aínda perdura o traballo no campo e as tradicións do rural. Coa chegada da primavera e a preparación dos maios, recóllense panpullos e fiuncho na contorna para dar forma aos maios. As flores non só florecen no campo, senón tamén nas paredes do centro, celebrando a chegada da primavera coa súa decoración floral. Por último, realízase unha pequena mostra dos Maios e a interpretación que se fai no centro e na vila.
Os nenos e nenas tamén participaron no mural sobre a primavera que a artista Paula Amoedo está a realizar no centro e que decora todo o patio con vistas a serra do Galleiro. O mural inclúe unha alusión a “somos Rural” e as parroquias que rodean o centro.

