Os controis aleatorios que realizan conxuntamente axentes da Policía Local e a Policía Nacional teñen como obxectivo disuadir a potenciais infractores e garantir o cumprimento da lei. Estes controis poden ser empregados para verificar a identidade das persoas, detectar posibles delitos ou infracións e previr actividades ilegais realizando tamén test de alcoholemia e drogas.
Neste ocasións o control que se realizou na madrugada do sábado en Chapela deu como resultado catro condutores sancionados por acadar un resultado positivo nas probas de alcoholemia, dous condutores sancionados por circular co permiso caducado e un vehículo sancionado por circular sen ITV nin seguro en vigo.
Tamén se sancionou a un oitavo condutor así como aos dous ocupantes que o acompañaban no vehículo quen foron propostos para sanción ante a subdelegación do goberno por portar sustancias estupefacientes na vía pública.
