Hoxe é Sábado 7 de Xuño de 2025

Redondela FS fai un chamamento á afección para acudir ao play-off de ascenso na Marisma

WhatsApp Image 2025-03-31 at 14.26.16 (2)

O equipo sénior do Redondela FS Rodavigo, que compite en Preferente, acadou o terceiro posto con 63 puntos e 17 vitorias durante a tempada, asegurando a súa clasificación para os play-offs de ascenso á Terceira División Nacional. Este fito marca un novo capítulo para o club, que agora busca dar o salto de categoría co apoio da súa afección.

Este sábado, 17 de maio, o Pavillón Municipal A Marisma acollerá unha xornada inesquecible de fútbol sala.  Primeiro, ás 17:00h, o equipo xuvenil de División de Honra disputará o seu último partido en casa contra o Intersala, unha cita especial na que se despedirá a xeración do 2006, que pecha a súa etapa nesta categoría. A continuación, ás 20:00h, o sénior xogará o decisivo partido de play-off de ascenso contra o CVC Valladares, nun ambiente que promete ser vibrante.

O club fai un chamamento á afección para encher o pavillón e apoiar aos xogadores nun día cheo de fútbol sala, sorpresas, sorteos e moita emoción. “Necesitamos que A Marisma estea chea de xente!”, declarou o o club en redes sociais, invitando a todos a unirse a esta cita deportiva.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Radio stream metadata in not available.
Radio Redondela
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: