A fin de semana as rúas encheranse de monicreques coa extensa programación que transcorrerá en 10 escenarios. Destaca actuación de Mario Ezno, un novo titiriteiro con máis de cinco millóns de seguidores ou os brasilerios de Mamulengo Presepada, entre outros. Unha programación que no Multiúsos da Xunquiera acolle hoxe a obra “Árido” de Cazando Gamuisinos. O sábado a proposta de sala correrá a cargo de Teatro Escena con “A danza dos medos”. O festival pecharase con “Feos” actuación que xa colgou o cartel de completo a cargo dos Chilenos Teatro y su doble.
A programación do Festival aposta polas actividades de rúa durante a fin de semana con actividades que arrancarán ás 11:00 horas do sábado co acto Institucional polo Día das Letras galegas e que irá intercalando, ao longo de dous día, ducias de propostas en dez escenarios diferentes.
O público poderá gozar de espectáculos itinerantes como o da Compañía Tutatis quen traerá os seus ‘Cavalls de Menorca’, cunha impresionante posta en escena e os aragoneses de Ángeles de Trapo con ‘Mi gran Caracol’, aos que se sumarán a música de Latexo Percusión, Charanga Bicoia, Pandereteiras Alxibeiras e The Turre’s Band.
Peus de Porc, de Cataluña, traerán os seus ‘Retablos Mecánicos’ á Praza do Concello cunha instalación interactiva onde o espectador terá que manipular e xogar cos monicreques mediante palancas e botóns.
Ademais, na Praza de Ponteareas, os máis cativos poderán disfrutar dos ‘Xogos Paporrubio’, un compendio de xogos autónomos e animados de temática agraria. Os participantes nesta aventura terán que ir descubrindo como se xoga a algúns xogos, mentres que se sorprenderán con outros deles grazas ás pequenas historias contadas e cantadas polos animais e habitantes da granxa.
Todas as actividades complementaranse, como xa é habitual, cos títeres pola gorra, o mercadiño titiriteiro e a Ruada participativa, que este ano, baixo o nome ‘Saca os teus cornos ao sol’, acompañada dun enorme caracol, sairá do domingo ás 18:45h da Fedora para percorrer A Portela, Praza de Abastos, Campo da Feira e Ribeira. Os participantes están convidados a vir vestidos de calquera animal sempre que teña cornos que lucir. Os encargados de animar o paseo interactivo serán Ángeles de Trapo, Pedras de Cartón, Troula e The Turre’s Band.
Programación de sala
Unha programación que se vive tamén no auditorio da Xunqueira. Hoxe venres sóbense aos escenarios as integrantes do grupo Cazando Gamusinos cun “espectáculo sorprendente, cunha linguaxe diferentes que é froito de moitos mese de experimentación” segundo explica a súa directora Vera González á hora de falar de “Árido”, unha obra que nos leva á España baleirada e onde o absurdo ten moita presenza.
Un espectáculo visual no que a escenografía ten un papel primordial
O sábado a quenda será para Teatro Escena con “A danza dos medos”, unha coprodución internacional entre España, Argentina, Colombia e México que nace da man de Jorge Rey e que nos convida a descubrir como ao longo das diferentes etapas da vida nos expoñen a vivir moitísimas emocións, co “medo” entre elas.
