A Sociedade Cultural de Reboreda celebra este ventes 16 o Día das Letras Galegas cun acto organizado en colaboración coa Asociación de Amigos do Carballo das Cen Pólas e o Concello de Redondela a partir das 20.00 h no salón de actos da súa sede. O programa arrancará cunha disertación a cargo do profesor redondelán Xosé Couñago, a continuación actuarán as pandeireteiras O Carballo das Cen Pólas e pecharase a xornada cun viño de confraternidade coas persoas asistentes.
Os colectivos organizadores súmanse ao recoñecemento que este ano as Letras Galegas fan ás cantareiras tradicionais de Galicia “un recoñecemento colectivo ás mulleres que durante xeracións transmitiron, preservaron e enriqueceron a nosa cultura oral, musical e lingüística. Estas voces, moitas veces anónimas, foron fundamentais para manter vivo o patrimonio inmaterial galego, e son símbolo de resistencia cultural, memoria colectiva e identidade popular”.