O CPA Bolboreta de Redondela celebrou o éxito no Campionato Galego de 2ª Categoría Show Xunta de Galicia, que tivo lugar a pasada fin de semana no Pavillón Municipal das Pontes. Os seus dous grupos destacaron polo seu talento e esforzo, logrando resultados destacados.
O grupo pequeno, “Reina Blanca”, conseguiu un merecido segundo posto, mentres que o grupo grande, “¡Un funeral muy random!”, acadou a quinta posición.



A entidade expresou o seu orgullo polos dous equipos, que, tras meses de intenso traballo, brillaron na pista, emocionaron ao público e desfrutaron como un verdadeiro conxunto. “Fixestes que todo valese a pena”, destacaron nunha publicación en redes sociais.
O club tamén agradeceu o apoio imprescindible de colaboradores externos: Nakalita Studio polo seu traballo no estilismo do grupo pequeno, Sarita L.P. polo deseño do vestiario de “Reina Blanca”, e a @1607cfl e Rubén Casal polas impresionantes pezas de xadrez. Ademais, recoñeceron o labor incansable da directiva e a enerxía do público, que co seu apoio incondicional fai que o equipo se sinta en casa en cada competición.