Hoxe é Mércores 11 de Xuño de 2025

Comeza o sector infantil feminino na Bomboneira

WhatsApp Image 2025-03-25 at 13.01.42 (1)

Fotos de Patry Rivas

O Pavillón Municipal A Bomboneira volve ser o epicentro do balonmán feminino tras a emoción vivida no sector xuvenil hai unhas semanas. Agora, dende hoxe – venres 16 de maio -e ata o domingo 18, é a quenda das guerreiras do infantil feminino, que loitarán en casa no Sector B do Campionato de España. Este evento, organizado polo Club SAR Balonmán, a Peña Vieira e o Concello de Redondela, está encadrado na competición da Real Federación Española de Balonmán. O SAR Rodavigo, que representa o 2º posto de Galicia, enfrontarase a Errotabarri Zuria Infantil (3º de Euskadi), BM Ágreda (1º de La Rioja) e BM Gijón (1º do Principado de Asturias), nun torneo que promete intensas xornadas de balonmán.

A programación do campionato comezará hoxe venres: ás 18:30 h, BM Gijón xogará contra Errotabarri Zuria Infantil, e ás 20:30 h, o SAR Rodavigo estrearase contra BM Ágreda. O sábado, a xornada arrancará ás 16:30 h con BM Gijón contra BM Ágreda, seguida do partido ás 18:30 h entre SAR Rodavigo e Errotabarri Zuria Infantil. O domingo pecharase o torneo con dous encontros: ás 10:30 h, BM Ágreda enfrontarase a Errotabarri Zuria Infantil, e ás 12:30 h, SAR Rodavigo xogará contra BM Gijón.

Ademais dos partidos, o club ten previstas actividades complementarias para enriquecer a experiencia. Hoxe venres, a partir das 20:00 h, haberá unha sesión de karaoke no exterior do pavillón, co lema “Solta a túa voz e conquista o escenario”. O sábado, ás 22:00 h, DJ Gómez animará a noite tamén no exterior da Bombonera, creando un ambiente festivo para afeccionados e participantes.

A Federación Galega de Balonmán e a Deputación de Pontevedra, xunto con patrocinadores como Banca Xunta de Galicia e Á Volencia Nó Xenaro, apoian esta iniciativa que busca promover o balonmán base. Redondela espera unha gran afluencia de afeccionados para animar aos equipos nunha fin de semana chea de emoción e talento xuvenil.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Radio stream metadata in not available.
Radio Redondela
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: