Hoxe é Mércores 4 de Xuño de 2025

Arranca “Xuntas” un programa de apoio emocional e asesoramento a mulleres vítimas de violencia

Programa.Xuntas

As sesións, que correrán a cargo da especialista en Igualdade e Prevención da Violencia de Xénero, Alexandra Román, desenvolverase ao longo de 24 sesións dende maio ata novembro e está organizado polo Concello de Redondela co obxecto de proporcionar ás mulleres participantes “apoio emocional, ferramentas e recursos para fortalecer a súa autonomía e autoestima”.

Redondela pon en marcha “Xuntas”, un programa de apoderamento para mulleres vítimas de violencia de xénero no que reciben formación, apoio e asesoramento. A alcaldesa, Digna Rivas, e a concelleira de Igualdade, Iria Vilaboa, presentaron esta mañá o programa xunto á responsable do proxecto, Alexandra Román, especialista en Igualdade e Prevención da Violencia de Xénero. O obxectivo deste programa é proporcionarlles ás mulleres vítimas apoio emocional, ferramentas e recursos para fortalecer a súa autonomía e autoestima. Rivas explicou que as mulleres vítimas de violencia de xénero sofren unha diminución da súa autoestima, polo que é necesario ofrecerlles “espazos seguros de encontro e apoio profesional para fomentar o seu apoderamento”. No programa Xuntas traballaranse as habilidades sociais, a comunicación, a saúde e o benestar, así como a creación de redes de apoio. As sesións son grupais e dinámicas para fomentar a participación das mulleres e sempre dende a perspectiva de xénero e a prevención da violencia.

O programa desenvólvese a través de 24 sesións de traballo, de xeito semanal, desde maio ata novembro. Ao longo destas sesións proporcionarase ás mulleres “seguridade, confianza e apoio”, non só por parte da profesional encargada de desenvolver o proxecto, senón tamén das propias participantes. O obxectivo é crear un lugar seguro no que poidan expresarse libremente, manifestar as súas opinións e inquedanzas e que establezan unha rede de apoio social entre elas na que poidan apoiarse ao finalizar o proxecto.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Radio Redondela Online
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: