Hoxe é Venres 30 de Maio de 2025

Casa Paco organiza o seu VII Torneo Mini

436236861_18325085062135488_2676221260816927411_n

Foto da edición anterior

O Grupo Casa Paco 81 organiza un ano máis o seu Torneo Exhibición Fútbol Sala Mini, que terá lugar este sábado 17 de maio no Pavillón A Marisma, Redondela de Galicia. A competición, encadrada no Día das Letras Galegas, está dirixida a nenos e nenas nados entre 2019 e 2020.

O evento comezará ás 09:40 horas e durante o torneo proxectarase no videomarcador fotos da súa historia. Haberá un sorteo de empanadas de choco de Redondela e un acto de homenaxe ao ex Casa Paco Antonio Picón “Platin”, lenda da Xunqueira, que será o encargado de entregar as medallas aos xogadores e os regalos aos clubes. Ademais, os clubs participantes poderán disfrutar de material audiovisual que recolle a historia da emblemática Casa Paco, un clásico redondelán.

O torneo está organizado polo Grupo Casa Paco 81 e a Concellería de Deportes de Redondela, coa colaboración da Xunta de Galicia, Concello de Redondela, e outros patrocinadores como Lemos, Samoa, Rodavigo.net, e Patri, entre outros. Participarán equipos como o Arsenal Santiago Club, Pontevedra, Real Federación Galega de Fútbol, Redondela, e Rapido de Bouzas.

Pauleta, ex-xogadora do Casa Paco e da Xogadora do Benfica, anima a asistir: “Que este 17 de maio sexa un gran día para todos e todas! Cheo de fútbol e moitos sorrisos. Apertas de Pauleta, para sempre unha de vós!”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Radio Redondela Online
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: