Hoxe é Mércores 11 de Xuño de 2025

Abre o prazo para solicitar o permiso para as fogueiras de San Xoán

cacharela

Colectivos e particulares que desexen facer a tradicional fogueira de San Xoán teñen de prazo ate o día 13 de xuño para solicitar o correspondente permiso municipal. A documentación está dispoñible na web do concello, www.redondela.gal.

A autorización é imprescindible para a realización de fogueiras tanto en terreos particulares como públicos. Desde a concellería de Medio Ambiente lembran que o volume de material combustible non poderá superar os 8 metros de diámetro nin os 3 metros de altura, e a separación entre a fogueira e os edificios, árbores e demais elementos que poidan resultar danados será, como mínimo, de 12 metros.

Queda prohibida a realización de fogueiras nos areais das praias, así como nos paseos ou zonas de tránsito próximas. Tampouco poderán facerse cacharelas preto de zonas fluviais nin en ningún espazo natural no que se poña en risco o medio ambiente.

A solicitude que deberán presentar recolle tamén a lista de elementos que se poden queimar, como leña, ramas, toros de árbores e materiais vellos sempre de madeira, mentres que queda prohibido queimar material como pneumáticos, plásticos, latas, botellas, PVC e similares, así como botar aerosois, aceites ou líquidos combustibles ou calquera sustancia explosiva.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Radio stream metadata in not available.
Radio Redondela
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: