Hoxe é Xoves 29 de Maio de 2025

Unha exposición con máis de 200 monicreques percorre a arte do títere ao redor do mundo

expo cachirulo

“A volta ao mundo en 80 bonecos” de Títeres Cachirulo é o título da exposición que ata o vindeiro 20 de Maio podemos visitar no Multiúsos da Xunqueira enmarcada dentro da programación do Festival Internacional de Títeres de Redondela. Un percorrido por diferentes culturas do mundo amosándonos monicreques chegados de todos os continentes. Unha mostra que nos permite tamén coñecer o proceso de creación e realización dos monicreques así como o deseño e confección do seu vestiario.

A colección chega da man de Jorge Rey de títeres Cachirulo quen comezou a reunir pezas nos anos 80, sumando material que ía adquirindo nos diferentes países que visitaban nas súas xiras internacionais. Pezas de todos os tamaños, algunhas de máis dun metros de altura, estilos variados e procedencias diversas –China, Oceanía, Sri Lanka, Malí, Togo, Arxentina…- pero todas elas “pezas vivas” que formaron parte de espectáculos e que estiveron no escenario, títeres que grazas a esta exposición volve estar diante do público.

Algunhas pezas son especialmente antigas e valiosas pola súa calidade e polo traballo que a súa elaboración ten detrás. Pon como exemplo “un guerreiro procedente de China cuxa elaboración supuxo máis dun mes de traballo para o seu bordado” ou unha máscara “que se emprega en cerimoniais en África”.

Explica Rey que xa teñen feito exposicións con anterioridade “pero esta é a primeira vez na que reunimos tanto material, ata o de agora foron mostras específicas con exposicións centradas nos bonecos dun pais ou un continente en concreto, pero non na súa totalidade como facemos nesta ocasión”.

Ademais das pezas que atopamos no Multiúsos tamén podemos ver outros monecos nos escaparates do Antigo Kiosko Cocó, en Copy, La Nuebe, Pastelería Filo, Café da Vila, Cal-3, Barbaría Juan Crespo, Tien21, La Imprenta e na Discotasca.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Radio Redondela Online
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: