Hoxe é Xoves 22 de Maio de 2025

Un aroma para o comercio de Redondela

escaparate la nube

As tendas e comercios de Redondela súmanse ao “marketing olfativo” unha tendencia que busca crear conexións positivas co consumidor a través do aroma. Con este obxectivo a Asociación de Empresarios promove unha campaña que se prolongará durante o mes de maio e que permite, grazas á instalación de difusores de diferentes fragrancias, encher os establecementos de aromas florais como lavanda, xazmín, violeta e xeranio, creando unha experiencia multisensorial que complementa a decoración floral das tendas.

Esta innovadora iniciativa busca fortalecer o vínculo entre os comercios locais e a súa clientela coa instalación nas tendas de dispositivos de marketing olfativo, permitindo que os clientes se mergullen nun ambiente sensorial único.

Esta estratexia, baseada no poder da memoria olfativa, busca despertar sensacións positivas e mellorar a permanencia dos consumidores nos establecementos, creando un recordo duradeiro e asociando as compras a un ambiente cálido e acolledor.

Explican dende a Asociación de Empresarios que “diversos estudos confirman que os aromas inflúen directamente no comportamento dos clientes, incrementando o tempo de permanencia nas tendas ata un 15,6% máis e favorecendo un incremento de ata un 25% nas vendas”.

Nesta campaña especial, que se desenvolve durante o mes de maio, os establecementos de Redondela apostan por aromas florais como lavanda, xazmín, violeta e xeranio, creando unha experiencia multisensorial que complementa a singular decoración floral das tendas. Grazas a esta técnica pouco explotada no comercio tradicional, os clientes “non só perciben visualmente a beleza dos establecementos coas decoracións florais, senón que tamén se deixan levar polo encanto dos arrecendos, convertendo cada visita nunha vivencia especial e memorable”.

Apuntan tamén dende a Asociación que ao potenciar a identidade corporativa e establecer un aroma característico, os comercios de Redondela conseguen xerar un recordo emocional único entre os clientes, favorecendo a súa fidelización e converténdose en referencia dentro do sector comercial galego.

Con esta acción, a Asociación de Empresas de Redondela reafirma o seu compromiso coa innovación e co impulso do comercio de proximidade “animamos a toda a clientela e visitantes a achegarse ás nosas tendas e descubrir esta experiencia inmersiva, onde os sentidos xogan un papel fundamental na creación de momentos especiais nas nosas tendas”.

Esta acción de marketing, posta en marcha pola asociación e asumida integramente pola asociación para os seus asociados, conta con financiamento da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia a través das liñas de apio a dinamización do Centros Comerciais Abertos de Galicia. A empresa Enamora é a encargada da instalación  e mantemento de todos os aparatos.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Radio Redondela Online
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: